domingo, 13 de marzo de 2022

HOMENAXE A PEDRO SARMIENTO

Na primavera do ano pasado deixábanos Pedro Sarmiento, precursor e coordinador do proxecto LÓVA en España desde 2005. 

O vindeiro 26 de marzo renderáselle unha merecida homenaxe no Teatro Real en Madrid. A súa familia e amigos queren contar con todos os que tivemos a sorte de coñecer a Pedro directamente ou a través das compañías de ópera que ao longo destes anos se foron formando nos coles. 

Pídennos que elaboremos unha postal que recolla un recordo, un sentimento, unha anécdota. Enviarémolas todas á organización e distribuiranse nas butacas do Teatro Real para recibir os asistentes cun agasallo. Compartiremos con toda a familia "loveira" a nosa admiración por unha persoa tan especial e tan necesaria. Sempre estará acompañándonos nas nosas aulas e nos nosos corazóns.




2 comentarios:

  1. Compañías Vidriera e Volcán, o longo desta semana iremos contándovos como nos organizamos para enviar as tarxetas.

    ResponderEliminar
  2. Emocionante homenaxe a que vivimos no Teatro Real. Grazas Pedro. Seguirás connosco.
    Grazas a todo o alumnado que colaborou elaborando as súas postais: Compañías Vidriera, Volcán e Dinosaurios Divertidos. Chulísimas!

    ResponderEliminar

Gracias por dejarnos tus comentarios