jueves, 31 de marzo de 2022

SOLIDARIOS COA INFANCIA DE UCRAÍNA


O noso cole vén colaborando coa ONG Save the Children na atención á infancia máis desfavorecida. O alumnado da ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar fondos para a infancia de Ucraína. Tedes máis información en TESMOITALINGUA, o blogue de dinamización lingüística do centro.

O vindeiro domingo ás 11:45 h., o concello organiza un acto na Praza da Constitución. Alí estará a rapazada da ESO vendendo bolígrafos e pulseras. Colaboras?


domingo, 13 de marzo de 2022

HOMENAXE A PEDRO SARMIENTO

Na primavera do ano pasado deixábanos Pedro Sarmiento, precursor e coordinador do proxecto LÓVA en España desde 2005. 

O vindeiro 26 de marzo renderáselle unha merecida homenaxe no Teatro Real en Madrid. A súa familia e amigos queren contar con todos os que tivemos a sorte de coñecer a Pedro directamente ou a través das compañías de ópera que ao longo destes anos se foron formando nos coles. 

Pídennos que elaboremos unha postal que recolla un recordo, un sentimento, unha anécdota. Enviarémolas todas á organización e distribuiranse nas butacas do Teatro Real para recibir os asistentes cun agasallo. Compartiremos con toda a familia "loveira" a nosa admiración por unha persoa tan especial e tan necesaria. Sempre estará acompañándonos nas nosas aulas e nos nosos corazóns.