jueves, 13 de enero de 2022

TEATRO JOFRE

 Esta semana continuamos profundizando nas profesións que colaboran nunha compañía de ópera. Visitamos o teatro Jofre para observar como é un escenario profesional, como desenvolven o seu traballo os técnicos de son e luces (deixáronnos probar), como son os telóns, a bambalina, as barras de focos, etc. Tamén puidemos ver os camerinos. E aprendemos como se chaman os diferentes espazos onde se sitúa o público: patio de butacas, palcos, paraíso.

Agora xa temos unha referencia para saber onde realiza cada quen o seu traballo e así poderemos escoller mellor a profesión que queremos asumir na nosa ópera.

Moitas grazas a José e a Cholo por explicarnos tantas
 cousas e tan ben!