domingo, 27 de enero de 2019

OBRADOIRO DE DANZA

Isto comeza a poñerse serio. Toca traballar interpretación. Comezamos cun obradoiro de danza impartido pola nai de Juan Antonio. Estamos algo tímidos, pero pouco a pouco imos entrando. Aprendemos que a través do movemento podemos transmitir emocións, que a concentración e o silencio son moi importantes. Entre todos facemos unha coreografía. Foi moi divertido. Grazas Constan!

martes, 22 de enero de 2019

MÁIS OBRADOIROS

Levamos xa moitas semanas sen publicar nada, pero na aula LÓVA seguen a pasar cousas. Hoxe imos falar de dous obradoiros que fixemos antes do nadal: construcción de focos e costura.
O avó de Celtia achegouse ao cole para ensinarnos a construír focos. Nós xa mercaramos na ferretería  o material necesario. Puxémonos algo nerviosos e portámonos regular, pero gustounos moito. Temos catro focos listos para utilizar na nosa escenografía.
Tamén veu polo cole a avoa de Thiago. Con ela aprendemos a coser un botón. Tamén nos ensinou a tomar medidas para facer patróns. Todo iso vainos ser moi útil para facer os disfraces de carnaval. Este ano cada un fará o seu (con algunha axuda, claro). Tamén servirá cando deseñemos o vestiario para a ópera.
¡Cantas cousas podemos aprender dos avós!

AVANZAMOS

Pouco a pouco imos avanzando. Profundizamos no que nos parece importante a través dos nosos obxectos favoritos. Compartimos os medos, as preocupacións, o que nos entristece, o que nos enfada. Cada día coñecémonos mellor e repectámonos máis.
Aprendemos a traballar xuntos, a escoitarnos, xogando e plantexando retos. APRENDEMOS.
Temos nome, por fin. Somos VOLVÁN, compañía de ópera


.