domingo, 25 de noviembre de 2018

UNHA SEMANA COMPLETIÑA

O pasado luns a compañía de ópera VOLCÁN visitou o conservatorio. Foi unha xornada fantástica. Os profes tíñannos preparadas algunhas sorpresas: contos cantados, concerto no auditorio e tocada na aula de percusión. Non se pode pedir máis! Grazas a todos.
Pero houbo máis. O mércores visitounos no cole Joseli, o pai de Alma, e tróuxonos outra sorpresa: un escenario fantástico, que puidemos construír con el e que nos servirá para xogar moito e para recrear a escenografía da nosa ópera.

lunes, 19 de noviembre de 2018

Saímos á ferretería

Seguimos traballando coas profesións que están vinculadas á compañía de ópera. Esta vez tocaba mercar o material que precisamos para construír focos. Ver que precisamos, facer a nota da compra, levar cartos para pagar, ... E conseguímolo. Xa temos todo o material!

lunes, 12 de noviembre de 2018

CHAPAS

Hai algunhas semanas visitounos Marina, estudante de 4º curso de Publicidade e RR PP. Con ela estivemos traballando sobre como deseñar logos: o significado das cores, das formas, etc. Desa xornada de traballo saiu o deseño das chapas que vendemos para recaudar fondos para a compañía de ópera. Grazas a todxs por colaborar. Reunimos 172€, suficiente para costear o autobús que nos levará ao conservatorio o vindeiro luns e para mercar o material do obradoiro de construcción de focos que realizaremos en breve. Agora estamos a traballar no logo da compañía. En poucos días teremos unha nova serie de chapas. Non deixedes de completar a colección!



jueves, 8 de noviembre de 2018

PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE

Unha das tarefas importantes que realizamos este trimestre é a presentación das diferentes profesións implicadas na compañía de ópera. Xa pasou un mes desde que Lucía, nai de Xoel, estivo connosco para explicarnos en que consiste o seu oficio. Resultou moi motivador e seguimos practicando. Agora xa sabemos poñer rulos!
Grazas Lucía por adicarnos o teu tempo.
(A foto de Martina e Juan Antonio fíxoa Lois)













                              

martes, 6 de noviembre de 2018

"VOLCÁN"

Estes días estivemos entretidos co Samaín e o Magosto. Non lle adicamos moito tempo, pero serviunos de descanso para retomar con forza o traballo da compañía. Por fin temos nome: somos "VOLCÁN, compañía de ópera". Semella un nome moi acaído para este grupo: forza, explosión, brillo, tamén perigo (diso teñen moito). Había outras opcións: Arco Iris, As Mirandas, Cohete, Todos. Pouco a pouco fomos chegando a un acordo e pensamos que VOLCÁN é o mellor nome para a compañía, o que mellor nos define como grupo.


domingo, 28 de octubre de 2018

LÓVA

O primeiro día de cole, o alumnado de 6ºa de EI do CPI "As Mirandas" comezaba unha aventura: crear unha compañía de ópera.
Pouco a pouco, desde aquí, queremos contarvos en que estivemos a traballar.
Desenvolver o proxecto LÓVA, -"la ópera vehículo de aprendizaje"-  neste grupo supón, en primeiro lugar, ir acotando conceptos:
- Qué é LÓVA
- Qué é ópera
- Qué é compañía

Non é fácil para un grupo de 5 anos entender o significado destas palabras. Niso andamos aínda: reflexionando, xogando, debuxando, plantexando retos,...
Ao tempo, imos avanzando na presentación de profesións, na procura de vías de financiación, ... O máis difícil está sendo atopar un nome para a compañía que nos represente a todxs. Estase cociñando, en nadiña estará listo.

Iremos contando...

lunes, 16 de abril de 2018

Visita de Miguel Gil

Os días 26 e 27 de xaneiro recibimos unha visita moi especial no noso cole: José Antonio Sordo do CFR de Ferrol e tamén Miguel Gil, mestre xubilado e un dos impulsores do proxecto LÓVA en España.

Miguel, estivo con nós falando e xogando a algunha das dinámicas que a rapazada de infantil está a facer este ano pre-LÓVA.

Ademais, a compañía Vidriera tamén estivo presente nesta xuntanza e aproveitamos para compartir moitos momentos das experiencias vividas o ano pasado e das dúbidas que temos para o ano que ven.

Pasámolo xenial co xogo popular "Pedra-pedriña" e de feito conseguimos o reto cos ollos pechados!!!

GRAZAS POLA VISITA! SEGUIMOS REMANDO...

PD: Queredes cantar con nós? Ao final, tedes unha demostración do que foi a nosa "Pedra-pedriña". Esperamos que vos guste!













 Animádevos a cantar con nós e conseguir o reto!

Pedra-pedriña con Miguel Gil

miércoles, 4 de abril de 2018

Obradoiro de teatro para profes e profas

Os días 15 e 17 de xaneiro tivemos a inmensa sorte de compartir estupendos momentos con compañeir@s do centro e mesmo con profes doutros coles. Dentro do grupo de traballo que estivo traballando este ano acerca de dinámicas LÓVA, programamos dúas sesións de formación vinculada ao traballo actoral e a como mellorar estas ferramentas que son tan importantes para nós como docentes.
Puxémonos en contacto coa compañía Elefante Elegante (Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil no ano 2017 e mellor espectáculo no 2013) e María Torres, codirectora e actriz amosou o seu interese por participar do noso proxecto. Foron dúas sesións de aprendizaxe e divertimento. Grazas a todos os participantes e a María pola súa implicación e xenerosidade.

VÉMONOS NO TEATRO!!