lunes, 3 de junio de 2019

RETO CONSEGUIDO!

Chegou o día! Esta tarde a compañía de ópera Volcán presentou "¿Quieres ser mi amigo?" diante das súas familias, profes e invitados. Bravísimo!
Entre todos foron capaces de sacar adiante a representación na que viñan traballando este curso. O reto máis importante. E conseguírono, claro que si. Con dúbidas, con erros, pero tamén con moitos acertos e, sobre todo, con moita ilusión. PARABÉNS!

jueves, 9 de mayo de 2019

III FEIRA "ARES ARREDOR DE SI"

Hai poucos días celebrábase a feira que organizamos no cole para mostrar unha parte do traballo que se fai nas aulas. A compañía de ópera Volcán montou o seu propio stand. Pola mañá tivemos tempo de ver os traballos dos compañeiros do cole e compartir o noso, tamén coas autoridades que nos visitaron. Á tarde, recibimos a familias e viciños que se achegaron a interesarse polo que facemos no cole.

domingo, 5 de mayo de 2019

ILLA DE SANTA CRUZ

Continuamos taballando no libreto. Para documentarnos sobre o contexto, desprazámonos á Illa de Santa Cruz, en Oleiros. Unha experiencia moi  boa, con historias de piratas, heroínas, condesas; entorno moi acaído para as personaxes da nosa ópera. Agora deberemos trasladalo ao escenario. Un reto máis a superar.

domingo, 7 de abril de 2019

TEATRO JOFRE

A compañía está a traballar na estructura dramática da ópera. Para saber máis, solicitamos unha visita guiada ao tetro Jofre. Puidemos admirar a súa beleza e pisar o escenario. Que grande parece!
Jose levounos polas dependencias do edificio e Antón explicounos a parte técnica. Gazas aos dous!


CERVÁS E CHANTEIRO

Ao longo deste curso, todo o cole está a traballar nun proxecto sobre Ares e a súa contorna. En Infantil escollemos Cervás e Chanteiro. Hai poucos días visitamos o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, guiados por membros da Asociación de amigos de Santa Catalina. Tamén estivemos na praia de Chanteiro e na Ermida da Mercé. Foron dúas saídas moi interesantes. O que máis nos gustou foi a praia!


sábado, 16 de marzo de 2019

...E CHEGOU VERO!

Un privilexio para esta compañía poder contar coa presenza de Vero na aula, todiña para nos! Unha sesión de fantasía, emoción e aprendizaxe. Grazas Vero pola túa xenerosidade. Esas bruxas vannos acompañar durante moito tempo.


AS AVOAS TAMÉN FAN TEATRO

Todas as colaboracións son importantes, pero cando veñen as avoas e os avós, teñen algo máis especial aínda. Esta vez, Mari e a súa amiga Tere, achegáronnos o teatro afeizoado á aula. Gustounos moito. Atención ao frigorífico que construíron Mateo e a súa familia!

ESCENOGRAFÍA

Seguimos contando dos obradoiros que fixemos na aula.
María visitou a aula LÓVA para falarnos de escenografía, de como crear espazos e ambientes, da importancia da iluminación... Grazas María. Foi moi divertido e aprendemos moito!




viernes, 22 de febrero de 2019

NICA E BONI

Que ben o pasamos con Nica e Boni na biblioteca! A historia destes bonecos do entroido de Chanteiro pareceunos moi interesante e divertida. Este ano nós tamén nos disfrazaremos de bonecos e bonecas. Estanos quedando un disfraz chulísimo!
 (No blogue de dinamización lingüística contarán máis desta visita).

domingo, 27 de enero de 2019

OBRADOIRO DE DANZA

Isto comeza a poñerse serio. Toca traballar interpretación. Comezamos cun obradoiro de danza impartido pola nai de Juan Antonio. Estamos algo tímidos, pero pouco a pouco imos entrando. Aprendemos que a través do movemento podemos transmitir emocións, que a concentración e o silencio son moi importantes. Entre todos facemos unha coreografía. Foi moi divertido. Grazas Constan!

martes, 22 de enero de 2019

MÁIS OBRADOIROS

Levamos xa moitas semanas sen publicar nada, pero na aula LÓVA seguen a pasar cousas. Hoxe imos falar de dous obradoiros que fixemos antes do nadal: construcción de focos e costura.
O avó de Celtia achegouse ao cole para ensinarnos a construír focos. Nós xa mercaramos na ferretería  o material necesario. Puxémonos algo nerviosos e portámonos regular, pero gustounos moito. Temos catro focos listos para utilizar na nosa escenografía.
Tamén veu polo cole a avoa de Thiago. Con ela aprendemos a coser un botón. Tamén nos ensinou a tomar medidas para facer patróns. Todo iso vainos ser moi útil para facer os disfraces de carnaval. Este ano cada un fará o seu (con algunha axuda, claro). Tamén servirá cando deseñemos o vestiario para a ópera.
¡Cantas cousas podemos aprender dos avós!

AVANZAMOS

Pouco a pouco imos avanzando. Profundizamos no que nos parece importante a través dos nosos obxectos favoritos. Compartimos os medos, as preocupacións, o que nos entristece, o que nos enfada. Cada día coñecémonos mellor e repectámonos máis.
Aprendemos a traballar xuntos, a escoitarnos, xogando e plantexando retos. APRENDEMOS.
Temos nome, por fin. Somos VOLVÁN, compañía de ópera


.