lunes, 16 de abril de 2018

Visita de Miguel Gil

Os días 26 e 27 de xaneiro recibimos unha visita moi especial no noso cole: José Antonio Sordo do CFR de Ferrol e tamén Miguel Gil, mestre xubilado e un dos impulsores do proxecto LÓVA en España.

Miguel, estivo con nós falando e xogando a algunha das dinámicas que a rapazada de infantil está a facer este ano pre-LÓVA.

Ademais, a compañía Vidriera tamén estivo presente nesta xuntanza e aproveitamos para compartir moitos momentos das experiencias vividas o ano pasado e das dúbidas que temos para o ano que ven.

Pasámolo xenial co xogo popular "Pedra-pedriña" e de feito conseguimos o reto cos ollos pechados!!!

GRAZAS POLA VISITA! SEGUIMOS REMANDO...

PD: Queredes cantar con nós? Ao final, tedes unha demostración do que foi a nosa "Pedra-pedriña". Esperamos que vos guste!













 Animádevos a cantar con nós e conseguir o reto!

Pedra-pedriña con Miguel Gil

miércoles, 4 de abril de 2018

Obradoiro de teatro para profes e profas

Os días 15 e 17 de xaneiro tivemos a inmensa sorte de compartir estupendos momentos con compañeir@s do centro e mesmo con profes doutros coles. Dentro do grupo de traballo que estivo traballando este ano acerca de dinámicas LÓVA, programamos dúas sesións de formación vinculada ao traballo actoral e a como mellorar estas ferramentas que son tan importantes para nós como docentes.
Puxémonos en contacto coa compañía Elefante Elegante (Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil no ano 2017 e mellor espectáculo no 2013) e María Torres, codirectora e actriz amosou o seu interese por participar do noso proxecto. Foron dúas sesións de aprendizaxe e divertimento. Grazas a todos os participantes e a María pola súa implicación e xenerosidade.

VÉMONOS NO TEATRO!!