domingo, 19 de diciembre de 2021

ALMA QUERE UNHA TUBA


 Hai uns días presentamos a profesión de músico. Ivan Pantín, profe de música da ESO, contounos un conto moi chulo dunha nena que quería tocar a tuba. Acompañado ao piano por  Genaro Fernández, profe de piano no conservatorio de Ferrol, interpretáronnos unha peza composta para este conto. Gustounos moito! Grazas Iván e Genaro por colaborar connosco.


COÑECÉNDONOS

 Cada un de nós trouxo ao cole o seu obxecto máis prezado e contou as súas razóns. É un xeito de coñecernos mellor, de empatizar coas emocións dos outros, de ir vendo que cousas nos preocupan, que sentimentos nos moven. Esta é a nosa colección.



jueves, 2 de diciembre de 2021

COMO NOS FINANCIAMOS


 O proxecto é moi amplo . Un dos aspectos que traballamos é a financiación. Reflexionando sobre o significado de LÓVA, La Ópera vehículo de Aprendizaje, propuxemos a elaboración dun logo. Era tamén un primeiro ensaio para facermos máis tarde o logo da compañía, e para ir traballando a profesión de publicista. A partir dese logo fabricamos chapas para vender e para agasallar os nosos colaboradores. A finalidade, recaudar fondos para mercar as cousas que imos precisando para os obradoiros -peiteado, costura, carpintería, electricidade, etc- e para costearnos as saídas. Aquí tendes o resultado.

 



domingo, 28 de noviembre de 2021

DINOSAURIOS DIVERTIDOS, compañía de ópera.

 Comezamos unha nova aventura.

 Levamos xa dous meses traballando o proxecto LÓVA na nosa aula, 5 anos A. Neste espazo iremos contando os avances que imos logrando (retos, proxectos). 

O primeiro foi tratar de entender o proxecto. Crear desde cero unha compañía de ópera con todo o que implica. Aprender sobre todo a traballar xuntos, a escoitar, a repectar. Comezamos con dinámicas sinxelas que pouco a pouco se irán complicando.