Levamos xa moitas semanas sen publicar nada, pero na aula LÓVA seguen a pasar cousas. Hoxe imos falar de dous obradoiros que fixemos antes do nadal: construcción de focos e costura.
O avó de Celtia achegouse ao cole para ensinarnos a construír focos. Nós xa mercaramos na ferretería o material necesario. Puxémonos algo nerviosos e portámonos regular, pero gustounos moito. Temos catro focos listos para utilizar na nosa escenografía.
Tamén veu polo cole a avoa de Thiago. Con ela aprendemos a coser un botón. Tamén nos ensinou a tomar medidas para facer patróns. Todo iso vainos ser moi útil para facer os disfraces de carnaval. Este ano cada un fará o seu (con algunha axuda, claro). Tamén servirá cando deseñemos o vestiario para a ópera.
¡Cantas cousas podemos aprender dos avós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por dejarnos tus comentarios