MAÑÁ POLA TARDE A COMPAÑÍA DE ÓPERA "DINOSAURIOS DIVERTIDOS" PRESENTARÁ A SÚA ÓPERA "EL ENFADO DE LOS HERMANOS".
FOI UN LONGO CURSO NO QUE APRENDEMOS MOITAS COUSAS IMPORTANTES. O TRABALLO ESTÁ FEITO. MOI BOA SORTE PARA A ESTREA!
MAÑÁ POLA TARDE A COMPAÑÍA DE ÓPERA "DINOSAURIOS DIVERTIDOS" PRESENTARÁ A SÚA ÓPERA "EL ENFADO DE LOS HERMANOS".
FOI UN LONGO CURSO NO QUE APRENDEMOS MOITAS COUSAS IMPORTANTES. O TRABALLO ESTÁ FEITO. MOI BOA SORTE PARA A ESTREA!
Os escenógrafos están a traballar nos últimos detalles dos elementos da escea. Coa axuda de todos os compañeiros, realizaron un bo traballo. Terán que aprender tamén a manexar as luces que nos acaban de chegar!
As nenas responsables de caracterización estiveron a traballar coa axudas das súas familias na realización do vestiario de cada personaxe. No primeiro trimestre xa fixemos na aula un obradoiro de costura. Entre todos, pensamos o vestiario de cada personaxe. Agora toca levalo á práctica.
Axiña veremos o resultado.
ESTA MAÑÁ VISITÁRONNOS JOSE SORDO, O ASESOR DO CFR DE FERROL, E LAURA BAÑUELOS, COORDENADORA DE LÓVA EN ESPAÑA. AS NENAS E OS NENOS DA COMPAÑÍA DE ÓPERA "DINOSAURIOS DIVERTIDOS" PUIDERON MOSTRARLLES COMO ESTÁ SENDO O NOSO TRABALLO. ESTIVERON ESPECTACULARES!
Durante todo o segundo trimestre, estivemos a traballar moito. Repartimos as profesións e lanzámonos a crear a trama.
Comezamos escollendo o tema da ópera, qué queremos contar. Perfilamos as personaxes, a relación entre elas, o contexto. Inventamos a historia, que lles pasa, como o resolven.
Tamén deseñamos as camisetas. O concello colaborou na súa adquisición, costeando unha camiseta para cada membro da compañía.
E mercamos un piano dixital, para que os músicos poidan traballar moi, moi ben.
Este 3º trimestre continuamos. Pensamos a escenografía, o vestiario. Pouco a pouco fomos concretando os diálogos e as cancións de cada acto. Agora queda ir rematando o vestiario, a escenografía, e ensaiar moito, moito.
O noso cole vén colaborando coa ONG Save the Children na atención á infancia máis desfavorecida. O alumnado da ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar fondos para a infancia de Ucraína. Tedes máis información en TESMOITALINGUA, o blogue de dinamización lingüística do centro.
O vindeiro domingo ás 11:45 h., o concello organiza un acto na Praza da Constitución. Alí estará a rapazada da ESO vendendo bolígrafos e pulseras. Colaboras?
Na primavera do ano pasado deixábanos Pedro Sarmiento, precursor e coordinador do proxecto LÓVA en España desde 2005.
O vindeiro 26 de marzo renderáselle unha merecida homenaxe no Teatro Real en Madrid. A súa familia e amigos queren contar con todos os que tivemos a sorte de coñecer a Pedro directamente ou a través das compañías de ópera que ao longo destes anos se foron formando nos coles.
Pídennos que elaboremos unha postal que recolla un recordo, un sentimento, unha anécdota. Enviarémolas todas á organización e distribuiranse nas butacas do Teatro Real para recibir os asistentes cun agasallo. Compartiremos con toda a familia "loveira" a nosa admiración por unha persoa tan especial e tan necesaria. Sempre estará acompañándonos nas nosas aulas e nos nosos corazóns.